15/3/07

O programa "A todo gas" da Radio Galega entrega o venres no Pontiñas os premios do motor galego 2006


A Escuderia Lalín-Deza informa que o venres 16 de marzo, a partires das 20.00 horas, o programa "A todo gas" da Radio Galega efectuará a entrega dos premios do Motor Galego 2006 nun acto que se celebrará no Centro Comercial e de Ocio "Pontiñas Haley". O acto contará como atractivo coa presenza de Luis Moya, director deportivo de Subaru e ex copiloto de Carlos Sáinz.

11/3/07

Pilotos da Escudería Lalín-Deza (I): José Miguel Martínez Barreiro - Manuel Campos

Hoxe comezamos unha serie de entradas coas que vos imos presentar a todos os pilotos e copilotos que na temporada 2007 competirán coa Escudería Lalín-Deza. Como non podía ser doutro xeito, arrancamos cos vixentes campións de rallyes de Galicia: José Miguel Martínez Barreiro e Manuel Campos.

De todos coñecido no mundo dos rallyes como “Bamarti”, José Miguel Martínez Barreiro conseguiu o pasado ano o título de Campión Galego de Rallies a bordo do seu Peugeot 306 Kit Car, estreado a mediados da temporada 2005. "Bamarti" é un piloto natural de Cuntis, pero que corre pola Escudería Lalín-Deza dende o ano 2005.
Vehículo de Bamarti:
Peugeot 306 Kit Car
2.000cc-16válvulas300 CV a 9.600 rpm
Caixa secuencial, 6 velocidades Velocidade máxima: 189 Km/hTracción ás 2 rodas
Frenos:
Disco AP Racing 380mm/del.Disco AP Racing 240mm/trs.
Amortecedores Proflex 3 vias
Llanta 18”
Peso: 1100 kg

Palmarés de Bamarti:
-Campión Copa Mabor 1992
-Campión Galego de Montaña 2000
-Subcampión Galego Montaña 2001
-Subcampión Galego de Rallyes 2003
-Subcampión Galego de Rallyes 2004
-Subcampión Galego de Rallyes 2005
-CampiónGalego de Rallyes 2006


9/3/07

Presentado o XII Rali do Cocido aos medios de comunicación da comarca

Este mediodía presentamos aos medios de comunicación da comarca o XII Rali do Cocido, que o día 23 ten programadas as verificacións técnicas no Centro Comercial e de Ocio Pontiñas Haley e que o día 24 percorrerá terras de Lalín e Rodeiro nos cinco tramos previstos. Na rolda de prensa estiveron o presidente da Escudería, Antonio Rodríguez Troitiño; o alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias; o xerente do Pontiñas Haley, Javier Pallás; e o autor do cartel do rali, Antón Iglesias. Na presentación, o alcalde amosouse moi satisfeito co patrocinio do ano pasado e anunciou que este ano os coches do rali promocionarán de novo ao Concello de Lalín.

Documento de solicitude de inscrición no XII Rali do Cocido de Lalín

Adxúntase o modelo de solicitude de inscrición no XII Rali do Cocido. Os pilotos interesados deberán remitir a solicitude, debidamente cumprimentada, á secretaría do rali, situada na seguinte dirección: Escudería Lalín-Deza, Rúa Campo da Feira Novo, Local 1, 36500 Lalín (teléfono e fax 986781058). O prazo límite de entrega da documentación son as 20.00 horas do día 15 de marzo de 2007 e o número máximo de vehículos inscritos fíxase en 150. Os dereitos de inscrición pódense satisfacer na secretaría da proba ou na conta corrente nº 2080 0101 51 0040002448 de Caixanova (sucursal de Vilatuxe, Lalín).

Lalín acolle os días 10 e 11 o III Simposio de Comisarios Técnicos de Galicia

A Escudería Lalín-Deza, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e co patrocinio do Concello de Lalín e da Deputación Provincial de Pontevedra, organiza os días 10 e 11 de marzo o III Simposio de Comisarios Técnicos de Galicia. Este simposio, que terá lugar no Auditorio Municipal, parte co obxectivo de dotar dun alto nivel de coñecementos aos comisarios técnicos encargados de verificar os vehículos que participan nos diversos campionatos galegos de automobilismo.

28/2/07

Galería de imaxes da gala celebrada en Lalín (outubro 2006)


A Escudería Lalín-Deza recolle o domingo o título de campiona en 2006

O presidente da Escudería Lalín-Deza, Antonio Rodríguez Troitiño, recollerá o domingo 4 de marzo en Arteixo o título que acredita a consecución do Campionato de Galicia de Ralies por Escuderías na temporada de 2006. A entrega do trofeo terá lugar no transcurso dunha gala organizada pola Federación Galega de Automobilismo. Lembramos que a Escudería Lalín-Deza xa festexara o campionato nunha gala celebrada en outubro no Salón Teatro de Lalín, que fora organizada polo Concello de Lalín e retransmitida por Dez TV.

25/2/07

Dani Solá realizará unha exhibición e ofrecerá unha charla en Lalín o sábado 17 de marzo

O piloto Dani Solá, campión de España de Ralies (2006) e campión do Mundo Júnior (2002), ofrecerá unha exhibición de conducción e impartirá unha charla en Lalín o sábado 17 de marzo, xusto na fin de semana previa á celebración do XII Rali do Cocido. Ambas actividades están organizadas pola Escudería Lalín-Deza, que implicará na exhibición a boa parte dos seus pilotos e que proximamente informará do escenario que acollerá a espectacular exhibición. Ademais, a escudería tamén ten previsto que nesa data visite Lalín o fotógrafo do Mundial de Ralies Mikel Liso, que compartirá a súa experiencia a través dunha conferencia e que tamén presentará nunha exposición as súas mellores instantáneas. Nos vindeiros días manterémosvos informados das novidades.

O vídeo máis televisado do Rali do Cocido 2006

A medida que se achega a data do XII Rali do Cocido imos ir incorporando neste blog varios vídeos que circulan por Internet da proba do ano pasado. Sen dúbida, o vídeo que podedes ver baixo este comentario é o máis televisado do Rali do Cocido en toda España, xa que o programa El Buscador de Tele 5 segue a emitilo de cando en vez.

A Federación Galega de Automobilismo fai público o calendario da temporada 2007

A Federación Galega de Automobilismo fixo público o calendario das probas da Temporada 2007, que no caso do Campionato de Galicia de Ralies arrancarán en Lalín o 24 de marzo co XII Rali do Cocido e rematarán o 3 de novembro co XXIX Rali do Lacón. Podedes consultar todas as probas do calendario no seguinte enlace: