28/2/07
A Escudería Lalín-Deza recolle o domingo o título de campiona en 2006
O presidente da Escudería Lalín-Deza, Antonio Rodríguez Troitiño, recollerá o domingo 4 de marzo en Arteixo o título que acredita a consecución do Campionato de Galicia de Ralies por Escuderías na temporada de 2006. A entrega do trofeo terá lugar no transcurso dunha gala organizada pola Federación Galega de Automobilismo. Lembramos que a Escudería Lalín-Deza xa festexara o campionato nunha gala celebrada en outubro no Salón Teatro de Lalín, que fora organizada polo Concello de Lalín e retransmitida por Dez TV.
Publicadas por
Escudería Lalín-Deza
ás
3:36 p. m.
0
comentarios
25/2/07
Dani Solá realizará unha exhibición e ofrecerá unha charla en Lalín o sábado 17 de marzo
O piloto Dani Solá, campión de España de Ralies (2006) e campión do Mundo Júnior (2002), ofrecerá unha exhibición de conducción e impartirá unha charla en Lalín o sábado 17 de marzo, xusto na fin de semana previa á celebración do XII Rali do Cocido. Ambas actividades están organizadas pola Escudería Lalín-Deza, que implicará na exhibición a boa parte dos seus pilotos e que proximamente informará do escenario que acollerá a espectacular exhibición. Ademais, a escudería tamén ten previsto que nesa data visite Lalín o fotógrafo do Mundial de Ralies Mikel Liso, que compartirá a súa experiencia a través dunha conferencia e que tamén presentará nunha exposición as súas mellores instantáneas. Nos vindeiros días manterémosvos informados das novidades.
Publicadas por
Escudería Lalín-Deza
ás
11:44 p. m.
1 comentarios
O vídeo máis televisado do Rali do Cocido 2006
A medida que se achega a data do XII Rali do Cocido imos ir incorporando neste blog varios vídeos que circulan por Internet da proba do ano pasado. Sen dúbida, o vídeo que podedes ver baixo este comentario é o máis televisado do Rali do Cocido en toda España, xa que o programa El Buscador de Tele 5 segue a emitilo de cando en vez.
Publicadas por
Escudería Lalín-Deza
ás
11:13 p. m.
0
comentarios
A Federación Galega de Automobilismo fai público o calendario da temporada 2007
A Federación Galega de Automobilismo fixo público o calendario das probas da Temporada 2007, que no caso do Campionato de Galicia de Ralies arrancarán en Lalín o 24 de marzo co XII Rali do Cocido e rematarán o 3 de novembro co XXIX Rali do Lacón. Podedes consultar todas as probas do calendario no seguinte enlace:
Publicadas por
Escudería Lalín-Deza
ás
11:09 p. m.
0
comentarios
O XII Rali do Cocido celebrarase entre os días 23 e 25 de marzo
O presidente da Escudería Lalín-Deza, Antonio Rodríguez Troitiño, vén de anunciar que a décimo segunda edición do Rali do Cocido, que marcará un ano máis o arranque do Campionato de Galicia de Ralies, celebrarase entre os vindeiros días 23 e 25 de marzo. A escudería comezará o campionato co ánimo de repetir os éxitos do ano pasado, no que acadou o campionato a título individual (nas persoas de José Miguel Martínez Barreiro e José Campos) e tamén o campionato de escuderías. Precisamente, para revalidar este título a Escudería Lalín-Deza agarda competir regularmente ao longo da presente temporada con nove pilotos, se ben na carreira de partida, o XII Rali do Cocido, participarán arredor dunha quincena.
Publicadas por
Escudería Lalín-Deza
ás
10:13 p. m.
0
comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
