skip to main |
skip to sidebar
Este mediodía presentamos aos medios de comunicación da comarca o XII Rali do Cocido, que o día 23 ten programadas as verificacións técnicas no Centro Comercial e de Ocio Pontiñas Haley e que o día 24 percorrerá terras de Lalín e Rodeiro nos cinco tramos previstos. Na rolda de prensa estiveron o presidente da Escudería, Antonio Rodríguez Troitiño; o alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias; o xerente do Pontiñas Haley, Javier Pallás; e o autor do cartel do rali, Antón Iglesias. Na presentación, o alcalde amosouse moi satisfeito co patrocinio do ano pasado e anunciou que este ano os coches do rali promocionarán de novo ao Concello de Lalín.
Adxúntase o modelo de solicitude de inscrición no XII Rali do Cocido. Os pilotos interesados deberán remitir a solicitude, debidamente cumprimentada, á secretaría do rali, situada na seguinte dirección: Escudería Lalín-Deza, Rúa Campo da Feira Novo, Local 1, 36500 Lalín (teléfono e fax 986781058). O prazo límite de entrega da documentación son as 20.00 horas do día 15 de marzo de 2007 e o número máximo de vehículos inscritos fíxase en 150. Os dereitos de inscrición pódense satisfacer na secretaría da proba ou na conta corrente nº 2080 0101 51 0040002448 de Caixanova (sucursal de Vilatuxe, Lalín).
A Escudería Lalín-Deza, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e co patrocinio do Concello de Lalín e da Deputación Provincial de Pontevedra, organiza os días 10 e 11 de marzo o III Simposio de Comisarios Técnicos de Galicia. Este simposio, que terá lugar no Auditorio Municipal, parte co obxectivo de dotar dun alto nivel de coñecementos aos comisarios técnicos encargados de verificar os vehículos que participan nos diversos campionatos galegos de automobilismo.